Os sindicatos denuncian o «colapso» para a expedición do DNI e pasaporte nas provincias da Coruña e Pontevedra

As seccións sindicais de CCOO, UGT e CSIF no Ministerio do Interior critican as «erráticas e desacertadas» decisións dos xestores policiais
A seccións sindicais de CCOO, UGT e CSIF no Ministerio do Interior denuncian o colapso nas citas de DNI e pasaporte por culpa das «erráticas e desacertadas» decisións da Dirección Xeral da Policía.
Culpan os xestores policiais de non teren previsto o aumento da demanda cidadá para obter estes documentos que se produce habitualmente no período estival.
Os tres sindicatos esixen que se cubran os case 2500 postos vacantes de persoal non policial que hai en todo o Estado, equivalentes ao 50 % do total. Tamén reclaman que melloren as condicións laborais e se dote estes traballadores e traballadoras dos medios técnicos axeitados. Situación en Galicia
CCOO, UGT e CSIF advirten da progresiva perda de persoal sen que ata o momento se atallase a situación.
Actualmente, a meirande parte das case 300 oficinas de expedición de documentación están «ao límite». En na provincia de Pontevedra só hai citas dispoñibles para finais de xullo, pero é especialmente grave o caso da provincia da Coruña, onde o 66 % das oficinas non teñen citas ata agosto.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.