Os socialistas do Saviñao instan ao concello a arranxar os problemas dos cortes de auga na vila

O Voceiro Socialista, Celestino Rodríguez Pombo, defendeu unha moción na pasada sesión plenaria, que foi aprobada por unanimidade, para arranxar de xeito integral a tubería máis antiga e tamén máis deteriorada das instalacións existentes

Os socialistas do Saviñao defenderon unha moción na pasada sesión plenaria, que foi aprobada por unanimidade, coa que instan ao Concello a arranxar os constantes problemas de cortes de auga na vila.

Os socialistas reclaman ao PP arranxar de xeito integral a tubería máis antiga e máis deteriorada das instalacións existentes. E ademais, nesta proposta tamén solicitan a Augas de Galicia “que co investimento percibido no chamado “Canón da Auga, este financiamento reverta na veciñanza do Saviñao”.

O Voceiro Socialista, Celestino Rodríguez Pombo remarcou que rexistrou esta iniciativa, “tras escoitar as constantes queixas da veciñanza e do pequeno comercio do Saviñao, xa que ultimamente rexistráronse varios incidentes que obrigaron a unha interrupción do subministro da auga, e nos últimos meses estes cortes sucederon cada vez con máis frecuencia”, advertiu.

Rodríguez Pombo replica que “o funcionamento deste servizo é totalmente deficiente, e debemos ter en conta que é un ben básico, unha problemática que xera innumerábeis prexuízos á poboación en xeral e con maior impacto ó noso tecido comercial e industrial”. E lembra que dende Agrupación Socialista do Saviñao xa defenderon diversas iniciativas no Pleno da Corporación, reclamando ao PP que solventara esta situación.

“Ninguén do PP moveu un só dedo”

“Isto víase vir, temos unha rede de elevada idade e cun gran deterioro, que estas avarias se producirían era cuestión de tempo. Todos os usuarios e usuarias pagamos no noso recibo da auga un imposto que vai para o organismo Augas de Galicia. Pero comprobamos que pasou o tempo e ninguén do Goberno do PP do Saviñao moveu un só dedo para resolver estas avarias”, insiste o Voceiro.

“Imos a estar vixiantes para que se cumpra este acordo plenario”

“A veciñanza do Saviñao non ten porque pagar a incompetencia do Goberno do PP do Saviñao, que paga puntualmente os seus recibos da auga, pero que non poden acceder a un servicio de auga sen cortes e con boas dotacións. Por iso avanzamos que imos a estar vixiantes para que se cumpra este acordo plenario. Cando hai un problema hai que afrontalo, tomar decisións e buscar si é preciso, financiamento para solventalo, pero non escondelo nun caixón a esperar que pase. Goberno do PP, fagan algo a actúen xa, porque senón os cortes de auga van a seguir na nosa vila”, dixo Celestino Rodríguez.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.