Piden a “inmediata limpeza de maleza” ao carón das estradas e nas beirarrúas carballesas

No día de onte, que foi a primeira xornada de apertura da sede que a formación municipalista Xuntos Carballo M+J ten na rúa Desiderio Varela 20, achegáronse varios veciñ@s queixandose da falta de limpeza de maleza que abonda en numerosos puntos do concello

Un dos moitos casos e a pista que xunta a alta coa baixa de Entrecruces, que está nunha situación que dada a súa estreitez, fai moi perigoso o tránsito rodado,e de peóns. No urbano acontece o mesmo.

“Exemplo claro atopámolo no recen estrenado carril bici da Vázquez de Parga (por chamarlle dalgunha maneira,pois bici moi rara vez se ve algunha circulando polo mesmo). Na parte peonil abonda xá herba que invade parte do mesmo. Na mesma zona na «beirarúa» que da acceso a o centro médico a invasión da maleza e tal que as persoas teñen que camiñar pola estrada. Se o pasado ano o 31 de maio foi a data límite para o cumprimento da normativa referente a medidas para evitar risco de lumes e polo tanto a limpeza de fincas, outro ano máis estase imcumprindo tal obriga. Por iso solicitamos a o concello que poña os tractores a traballar (aínda que o gasóleo estea caro) para rematar o máis axiña posible cos problemas que supón a maleza nas vías e beirarúas. Asimesmo que se faga cumprir a normativa neste eido posto que segue sendo imcumprida, en moitas ocasións reiteradamente, por parte de propietarios/as e polo propio concello” declaran dende a formación.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.