Podemos Galicia sobre a sanidade galega: “Vemos que con Rueda a sanidade aínda vai peor que con Feijóo”

Podemos propón un plan de estabilización do persoal que garanta futuro e capte talento galego

Ante a crítica situación sanitaria que atravesa a sanidade galega, Podemos Galicia esixiu ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, que asuma as competencias do Sergas e que traballe para paliar as carencias de persoal e de recursos sanitarios en vez de responsabilizar ao Goberno do Estado como ocorreu con Alberto Núñez Feijóo á fronte do Goberno galego.

Neste sentido, e sobre a xuntanza de Rueda deste luns cos grupos da oposición, a formación sinalou a «pouca fe» no resultado das mesmas: «Durante todos os seus anos de mandato Feijóo responsabilizou a outros en cuestións que a el lle incumbiron. Asistimos ao deterioro da sanidade durante os 13 anos de presidencia de Feijóo e vemos como agora con Rueda vai aínda peor», alega a voceira de Podemos Galicia, Verónica Hermida.

«O PPdeG demostra continuamente o seu interese na privatización dos servizos públicos. Unímonos ás reivindicacións dos profesionais sanitarios e esiximos un plan de estabilización do persoal baseado nunhas condicións laborais dignas que garantan o futuro no sistema sanitario».

Podemos Galicia cre que a Xunta debe «captar o talento galego» e brindarlle unhas condicións dignas para paliar a falta de persoal no Sergas e reforzar o noso sistema sanitario, cubrindo as baixas laborais para abordar a «eterna sobrecarga asistencial» e os colapsos como ocorreu no CHUS. «Precarizar o traballo en Sanidade é precarizar a atención e a calidade que recibe o paciente», puntualiza Hermida.

«A pesar dos habituais problemas da atención primaria coa falta de pediatras e médicos de familia, das carencias en medicina interna, das folgas de oftalmólogos e otorrinos, Rueda fai oídos xordos e bota balóns fóra pretendendo enganar aos galegos e galegas. A única responsable é a Xunta».

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.