PP. «Desidia do goberno de Cervantes ao non subscribir o convenio Seaga-Fegamp-Xunta para prevención de incendios»

As altas temperaturas que se rexistran estes días disparan o risco de que se produzan incendios forestais. Na zona rural lucense, e máis en áreas de montaña como é Cervantes, os lumes forestais son unha das grandes preocupacións dos veciños. Así quedou de manifesto la reunión dos afiliados e simpatizantes do PP de Cervantes cos máis destacados membros da dirección provincial do partido: presidenta, Elena Candia; secretario Xeral, Javier Vázquez Nodal; coordinador xeral e portavoz provincial, José Manuel Balseiro.

A reunión supón o reinicio dos encontros dos afiliados populares en Cervantes, que se viron suspendidos a causa da pandemia. O portavoz popular neste municipio, Javier Santín, sinala que o obxectivo é abrir aínda máis o partido á sociedade en Cervantes, mellorar o proceso de escoita activa aos veciños e intensificar o traballo, con humildade e constancia.

No transcurso da reunión, quedou patente a preocupación polo feito de que o goberno municipal non se adherise aínda ao convenio Fegamp-Seaga-Xunta para a prevención dos incendios forestais. No recordo dos veciños de Cervantes está aínda moi fresco o gran incendio forestal vivido hai catro anos. Santín sinala: “Non sumarse a este convenio é unha irresponsabilidade, realmente é algo moi grave”.

O portavoz municipal dos populares di que o alcalde, o socialista Benigno Gómez, e o seu equipo “teñen vocación de encargados de mantemento, pero non de xestores dos intereses dos veciños; son incapaces de afrontar os verdadeiros problemas do municipio”. Engade que “non son capaces de impulsar nin os proxectos dos que fixeron bandeira nas eleccións municipais, como é o caso da residencia”.

Foto portada. Javier Vázquez Nodal, Elena Candia, Javier Santín, José Manuel Balseiro

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.