PP Lugo. «A Deputación non fixo no último ano ningunha xestión para desbloquear a tramitación polo Goberno da Gran Senda do Navia»

O portavoz popular na Deputación, Javier Castiñeira, destaca que, no pleno do martes, “constatamos de novo que o equipo de goberno non respecta os acordos plenarios”

O PP lamenta o desinterese de Tomé e o seu equipo por “unha senda importantísima para os intereses  dos concellos da montaña, que sempre mostraron a súa opinión favorable”

Para os populares, en palabras de Castiñeira, é inexplicable “esta pasividade absoluta do goberno da Deputación e do Goberno do Estado, porque cremos que a Gran Senda do Navia pode ser un revulsivo para o turismo na montaña, porque poñería en valor unha zona natural marabillosa”

A Gran Senda do Navia é un proxecto que afecta a catro comarcas e 16 concellos das dúas autonomías, dos cales sete son lucenses, concretamente: Pedrafita, Becerreá, Navia de Suarna, As Nogais, A Fonsagrada, Negueira de Muñiz e Cervantes

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.