PP Lugo: “Que Lara Méndez non sexa capaz de sacar adiante o 5% do PXOM é a proba máis evidente de que o goberno co BNG está totalmente roto”

Javier Nodal indica que se demostra que, unha vez máis, “PSOE e BNG só se alían para sentarse nos sillóns” e que, “con eles nos gobernos, quen perden sempre son os lucenses. Son alianzas que nunca son rentables. Non son unha garantía para ter á fronte das institucións”, afirma

O que aconteceu no pleno é un feito gravísimo. É un bochorno e unha auténtica falta de respecto aos veciños de Lugo. Por dignidade política, Lara Méndez debería de pedir desculpas publicamente aos lucenses e abandonar esta forma de facer política, basada na arrogancia e sen vontade de diálogo. Isto non se pode xustificar”, apunta

Pon en valor “a responsabilidade” coa que actuou o Grupo Municipal do PP, decidindo absterse na votación, logo de que os socialistas non lles facilitasen o expediente co tempo necesario para estudalo e analizalo

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.