PP Lugo: «Tomé leva tres anos enganando aos veciños de Cervantes e esixe á Deputación que dote ao concello da prometida residencia da terceira idade»

O portavoz popular, Javier Castiñeira, acusa aos socialistas de enganar premeditadamente aos veciños de Cervantes, porque o convenio firmouse pouco antes das pasadas eleccións locais e a residencia aínda non existe
No PP apuntan que “quizá, chegadas as próximas eleccións, o equipo de goberno queira facer algún tipo de teatro para volver a enganar aos veciños de Cervantes”
Os populares destacan que, “como os mesmos socialistas dicían, a residencia é moi necesaria e o pobo de Cervantes precisa esta infraestrutura”
En Cervantes demóstrase, di Castiñeira, “que o goberno da Deputación de Lugo incumpre os seus compromisos, especialmente cos concellos pequenos”