PPdeG. O conselleiro do Medio Rural comparecerá no Parlamento para informar da aplicación da Lei de recuperación da terra agraria

A deputada do Grupo Popular, Elena Candia, avanzou hoxe no Pleno que o conselleiro do Medio Rural comparecerá no Parlamento galego para informar do avance das ferramentas reguladas na Lei de recuperación da terra agraria.

O Grupo Popular apoiou hoxe no Pleno a aprobación dunha proposición non de lei a través da que se solicita ao Goberno galego que informe ao Parlamento sobre a creación da Comisión de avaliación e seguimento da Lei de recuperación da terra agraria de Galicia, así como do Plan de acción anual 2022 das actuacións en materia de recuperación da terra agraria, con indicación de obxectivos, orzamento, recursos materiais e humanos, entidades colaboradoras e previsión de resultados.

Elena Candia lembrou que a Lei de recuperación da terra agraria de Galicia “é a folla de ruta a prol do noso medio rural e incorpora as cláusulas do contrato con todos e cada un dos galegos que creen no noso rural e nas súas posibilidades”.

BASE TERRITORIAL

“Recuperar é de lei, unha forma de ser que nos identifica e nos motiva, porque o valor da terra sempre foi un gran signo de identidade do noso rural e dos galegos”, indicou.

A deputada popular manifestou que esta Lei ten como principal obxectivo promover a recuperación da terra abandonada ou infrautilizada e darlle unha base territorial a quen a desexe traballar.

Ademais, sinalou que “a Lei vai moito máis alá deses procesos de reestruturación parcelaria, xa que representa unha clara aposta pola ordenación do territorio rural e pola posta en valor mediante novos mecanismos, como as 19 aldeas modelo declaradas, os polígonos agroforestais ou as agrupacións de xestión conxunta”.

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.