Protestas veciñais contra o alcalde de Touro no pleno no que se trataba a problemática de Tratamientos Ecológicos del Noroeste

O Movemento Veciñal de Touro acusa ao Alcalde de colaborador necesario para que a empresa TEN se instalase no municipio de maneira irregular e agora continúe operando a pesares das ilegalidades urbanísticas e das molestias que causa á veciñanza

A empresa Tratamientos Ecológicos del Noroeste recibe nos terreos da mina de Touro os lodos das depuradas das principais cidades galegas e outros residuos industriais; unha actividade conflictiva polas molestias que causa na veciñaza, os cheiros pestilentes e a contaminación.

Actualmente a empresa está tramitando a renovación da autorización ambiental integrada ante a Consellería de Medio Ambiente, un trámite necesario para continuar a actividade. Este procedemento recibíu máis de seiscentas alegacións de veciñanza e colectivos, o que dá idea da magnitude dos problemas que está a causar a súa actividade.

Ao mesmo tempo, a empresa ten incoado un expediente de reposición da legalidade urbanística por falla de licenza nas súas instalacións.

O pleno extraordinario celebrado o pasado martes puxo en evidencia a actuación permisiva e conivente do Alcalde Ignacio Codesido coa empresa e contra a legalidade. Dende a implantación da empresa no ano 2005 ate o ano 2011, esta funcionou sen a obrigatoria licenza de obras e actividade, e a pesares das continuas queixas e denuncias públicas da veciñanza polos seus cheiros e contaminación.

No ano 2011 o goberno local outorgoulle licenza de obras e actividade nun procedemento que o Alcalde se encargou de ocultar a veciñanza cunhas irregularidades de escándalo: no trámite de información pública conforme a Decreto 133/2008 de 12 de xuño polo que se regula a Avalización de Incidencia Ambiental, o Alcalde notificou como veciño próximo afectado unicamente á mercantil Explotaciónes Gallegas SL. Casualmente esta sociedade que compartía administradora coa solicitante da actividade Tratamientos Ecológicos del Noroeste.  Non foi notificado ningún veciño dos lugares realmente afectados de Touro e Loxo, nun claro incumprimento do deber de informar e absoluta intencionalidade do Alcalde Ignacio Codesido de ocultar o que estaba a autorizar. De feito non foi presentada alegación algunha ao proxecto.

O coñecemento deste feitos avivou as protestas dos asistentes ao pleno contra o Alcalde. Foron numerosas as interpelacións do propio Alcalde contra a veciñanza que lle reclamaba explicacións pola continua actitude permisiva cunha empresa que incumpre a lei cuasando molestias e prexuízos á veciñanza.

Os votos en contra do grupo do Alcalde (PP) impediron que saíra adiante a proposta de instar ao propio Alcalde a que cumprise a lei e conforme a esta notificase á empresa o cese da actividade das obras e instalación afectadas pola reposición da legalidade urbanística. O PP tamén votou en contra das propostas dos grupos da oposición respecto da renovación da autorización ambiental integrada.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.