PSdeG Arteixo. «Calvelo tratar de confundir á cidadanía co proxecto eólico de Carboeiro»

O secretario xeral dos socialistas de Arteixo e deputado no Parlamento de Galicia, Martín Seco, sinala que o alcalde de Arteixo tratou de confundir á veciñanza no día de onte, ligando a tramitación do parque eólico do Carboeiro ao novo decreto do goberno central.
Según Martín Seco “o alcalde sabe ou debería saber que o goberno central nada ten que ver coa autorización do proxecto que afecta ao noso concello, unha tramitación que recae exclusivamente no goberno da Xunta de Galicia, que é quen debe decidir que trámites ambientais terá dito proxecto e se é merecedor da autorización previa e a declaración de utilidade pública” . “Ademais amosa unha falla absoluta de coñecemento da regulación do sector e sobre o decreto do goberno central, xa que este deixa sempre nas mans das administracións autonómicas a decisión final do trámite medioambiental que teñen que seguir os proxectos eólicos”.
O secretario xeral do PSOE da localidade afirma que “os socialistas de Arteixo temos moi clara a nosa posición sobre o parque eólico que afecta gravemente ao núcleo de Santa Leocadia e xa fixemos alegacións pedindo que o goberno galego non conceda esa autorización”, ao tempo que engade que non saben “por que o alcalde non atendeu a demanda do noso grupo para crear unha necesaria e demandada “Oficina de atención e asesoramento aos afectados” e en cambio está a transmitir a moitos veciños que ten pactadas coa promotora modificacións no proxecto do parque eólico” o que daría a entender que si está a favor da instalación do parque con certos cambios como a eliminación do muíño máis próximo a Santa Leocadia.
Martín Seco tamén dí que habería que preguntarlle ao alcalde por que no 2019 non informou nin a veciñanza nin a oposición da existencia deste proxecto.