Rubén Arroxo: “O Goberno galego ten que garantir que as alumnas e alumnos do CEIP Anexa poidan acceder ao pavillón”

O portavoz do BNG participou na mobilización convocada polas familias do centro hoxe pola mañá

As concelleiras e concelleiros do BNG participaron esta mañá na mobilización convocada polas familias do CEIP Anexa, reclamando unha solución que lles permita continuar a utilizar o pavillón do centro. Arroxo anunciou que o BNG vén de presentar unha moción de cara ao vindeiro pleno, reclamando que «a Xunta de Galiza busque unha solución que garanta que as 500 alumnas e alumnos deste centro de ensino teñan acceso ao pavillón».

Arroxo lembrou que «é responsabilidade do goberno galego buscar o conseso entre as familias, a USC e o centro para garantir que ambas comunidades teñan acceso ás instalacións necesarias para desenvolver as súas actividades».

A moción presentada no Concello de Lugo únese á iniciativa presentada pola deputada do BNG no Parlamento de Galicia, Olalla Rodil, que trasladou inquedanzas das familias ante a cesión deste pavillón á facultade de Formación do Profesorado da USC, solicitando a paralización desta cesión e reclama a busca dunha solución alternativa que garanta os dereitos das e dos estudantes tanto da USC como do colexio.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.