Rubén Arroxo presenta catro novos buses híbridos, que se unen á fota de buses urbanos de Lugo

Os catro novos buses, modelo ISUZU Citybus, incorporaranse ás liñas 3, 6 e 9

O Tenente Alcalde, e responsábel da área de Mobilidade e Infraestruturas, Rubén Arroxo, presentou os 4 novos buses que se veñen de unir á flota da rede de transporte público municipal. «Continuamos a traballar na renovación da flota de buses urbanos, avanzando na inclusión de buses con baixas emisións e clasificación como vehículos ecolóxicos», indicou Rubén Arroxo, que engadiu, «queremos que a xente aposte polo bus urbano para reducir tráfico na cidade e avanzar nunha cidade sostible cunha mobilidade alternativa e ecolóxica».

Os catro novos buses, modelo ISUZU Citybus utilizan o, un derivado do petróleo, como combustible, o que permite reducir nun 8% as emisións de CO2 e nun 30% as emisións de óxidos de nitróxeno.

Rubén Arroxo declarou que a área de Mobilidade está traballando en «transformar a mobilidade de lugo para que sexa moito máis sostíbel, onde o transporte público sexa fundamental».

En canto á accesibilidade, os dous novos vehículos incorporan un renovado sistema Kneeling, que permite baixar a altura do autobús para facilitar a subida das usuarias. Ademais, conta con rampla para persoas con mobilidade reducida e unha praza para cadeira de rodas, e portos USB para a carga de dispositivos electrónicos.

Os catro buses, que comezarán nos vindeiros días a percorrer as liñas 3, 6 e 9, teñen en total 74 prazas, divididas en 20 asentos, 53 persoas de pé e unha praza para persoas con mobilidade reducida.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.