Rubén Arroxo visita as obras da plataforma única do Carril das Flores

A solución plantexada pola área de Mobilidade e Infraestruturas consiste en aumentar o espazo de preferencia peonil, e mellorar a zona da escaleira

O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo xunto co concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas visitaron o Carril das Flores, onde se están a executar unha serie de traballos destinados a aumentar o espazo peonil, coa creación dunha nova plataforma única. Arroxo explicou que «continuamos a traballar na mellora da entrada a Lugo a través do Camiño Primitivo», e engadiu «nos últimos meses realizamos unha serie de intervencións na zona de Castelo, na entrada ao Concello de Lugo desde o Camiño, e continuamos agora mellorando a imaxe da entrada á cidade».

A área de Mobilidade está a construír unha nova plataforma única, que ampliará o espazo peonil mentres se garante aos vehículos o acceso aos garaxes. Ademais, renovaranse os muros da escalinata e renovarase a varanda, creando unha pequena zona verde. A actuación no seu conxunto mellorará a percepción visual desta zona da cidade, creando unha imaxe máis amable.

O Goberno de Lugo inviste 83.248€ nesta actuación, que permitirá continuar a avanzar na entrada a Lugo desde o Camiño Primitivo. Arroxo lembrou que «a imaxe de Lugo Km 100 colocada na praza do Camiño Primitivo está a converterse noutro dos atractivos da cidade, e con esta actuación facemos que o percorrido desde a entrada ao concello ata a estatua se realice de xeito seguro e dando ás e aos visitantes unha boa imaxe da cidade».

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.