Sar Xoán 2022, un solsticio cheo de música, cultura, feira de barrio e actividades no Sar

O Espazo Veciñal de Sar recupera, despois da COVID, o Sar Xoán, que comezará ás 17 horas do xoves 23 cunha feira de barrio con máis de 15 postos, e cun cartaz cheo de propostas para unha xornada na que recibir o verán nas rúa

O xoves 23 as actividades do Sar Xoán darán inicio ás 17 horas coa Feira de Barrio, que ocupará a máis de 15 postos ataviados das correspondentes carpas ao longo das rúas do Sar e Ponte do Sar. Participará cos seus stands establecementos e iniciativas como os muralistas Cestola na Cachola, a Libraría Lila de Lilith, o xornal O Salto, A Tenda de Mari, o centro social CSA do Sar, a xoguetería o Escondi T, a libraría Aenea, o alumnado do IES Sar, a ilustradora Gloría Pavía, a gravadora Alma López, a xoieira Parachute, o escultor Rubén Alvseg, as ilustracións de Feitizo, Maruxa e Lourdes, a floristería Louzao, os ceramistas Xaime Piñeiro Borrajo e VL, o lutier A Grileira ou a iniciativa Felix Felici. Finalmente, terá presenza a campaña Regularización Xa!, en defensa dos dereitos das persoas migrantes, á que a asociación veciñal pide sumarse, ao berro de que ningún ser humano é ilegal. Máis solidariedade para rematar este longo inverno.

Respecto ás propostas musicais, o músico Xavier Mugardos, actuará en ás 18:00 horas na praza dos Pexigos, a música A Tecla Negra percorrerá o barrio coa súa proposta cultural e os grupos Os enxebres de San Lázaro e Rabeira andarán en pasarrúas polo barrio dende as 19:30 horas, con paradas nos bares colaboradores DA-CA, O Sendeiro, Bar Chantadina e Bar Mosquera. Dentro destas magníficas propostas as sardiñas irán ao cargo dos establecementos colaboradores, e o Bar Chantadina, Bar Mosquera e O Sendeiro servirán ben sardiñas, ben tapas en base a sardiñas dende as 19:00 horas.

Logo das 21:45 horas actuará na rúa Ponte do Sar, onde se localizará a carpa do Espazo Veciñal, o grupo Balura, a Agrupación Folclórica Colexiata do Sar, e o grupo Reviravolta, que animarán as cacharelas.

Así mesmo, a asociación Abeiratúa fará unha actividade de pilates no seu local dende as 17:30 horas, e dende esa mesma hora o ximnasio Avalon realizará actividades para todas as idades na rúa Ponte do Sar. A libraría Aenea realizará ás 18:30 horas unha lectura de contos en familia, e o Fotoclube Sar unha proxección de fotografías. Finalmente, a partir das 17:30 horas, o taller mecánico Garage Days realizará na mesma rúa un obradoiro de asistencia básica en estrada.

A asociación recórdalle ás veciñas e veciños que a rúa do Sar e a rúa Ponte do Sar (dende o cruce de Diego Bernal á ponte) permanecerán cortadas ao tráfico dende as 15 horas ata a madrugada, e que resulta imprescindíbel que queden despexados os aparcadoiros para poder celebrar a feira e a cacharela. Garantirase o acceso aos garaxes e ao aparcadoiro público do barrio. Acceso que se roga sexa usado con moderación debido ao desenvolvemento da festa.

A xornada finalizará coa veciñanza ao redor da Cacharela que se terá lugar na rúa Ponte do Sar.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.