Sindicalistas de CCOO, CIG e UGT péchanse na Consellería de Educación

No día de hoxe as tres organización sindicais presentaron por rexistro unha proposta para acadar un Acordo de Mantemento de Emprego que resolvería o problema de moitas persoas traballadoras e centros educativos, sen apenas incremento do orzamento respecto ao do curso pasado.

A evolución da natalidade está reducindo ano a ano a matrícula nos centros educativos. Moitos comezan a ter dificultades e a 17 acaban xa de comunicarlle o peche de unidades. A tendencia á baixa da natalidade durante a última década, acelerouse nos anos 2020 e 2021. O panorama vai ser anda máis sombrío para os vindeiros cursos, cando os nacidos neses anos se incorporen ás aulas.

Resolver o problema mellorando a calidade do ensino

Sostemos que esta situación de descenso da natalidade, pode e debe ser aproveitada para avantar na mellora da calidade do sistema educativo. A nosa proposta recolle medidas efectivas para resolver o problema. Sen incrementar o orzamento educativo, pódese abordar a redución das ráteos alumno/unidade no ensino. Esa medida permitiría mellorar a atención ao alumnado, maior cohesión, favorecería a inclusión e o traballo colaborativo, etc. das que a nosa educación anda necesitada. Outras medidas que propomos (e que xa se dan noutras Comunidades) como a reposición da xubilación parcial, o incremento da dotación horaria aos centros que recolocan, a obrigatoriedade das patronais de acudir á bolsa de contratación, a redución da xornada lectiva, contribuirán sen dúbida a mellorar a calidade do ensino e a resolver o problema do persoal traballador e das empresas.

 A Consellería ten a obriga de dialogar e negociar

As organizacións sindicais UGT, CCOO e CIG reclamámoslle á Consellería de Educación que, diante dunha situación altamente preocupante, se sente a negociar cos traballadores dos centros concertados, algo que leva ser facer nos 12 últimos anos. Preocúpanos que, unha vez máis, a Consellería opte por aplicar medidas de recorte. Levámoslle solicitado con máis insistencia ca éxito que se sente cos axentes sociais. A súa xordeira empúrranos a medidas máis contundentes que se incrementarán se non obtemos ese mínimo que se espera dun goberno democrático: o diálogo cos axentes sociais e a capacidade de chegar a acordos.

Outros rebentaron a unidade sindical

Desafortunadamente, non participamos todas as organizacións sindicais, FSIE, sindicato maioritario do Ensino Concertado, dinamitou a unidade sindical existente e escolleu poñerse debaixo do paraugas da patronal abrazando as súas liñas vermellas a costa dos dereitos dos traballadores. Volverá ser a voz do seu amo reproducindo as consignas e mantras que lle diten e atacando aos que non seguen os ditados da patronal. Curiosa organización sindical que só se mobiliza cando o ordena a patronal e por intereses electorais.

É de recoñecer os comunicados de USO e SNEP aclarando os feitos acontecidos e denunciando a manipulación e mentiras de FSIE.

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.