Vilalba Aberta pedirá explicacións ao goberno socialista en relación coa reparación do panteón que homenaxea aos “Caídos”, na parroquia de San Xoán de Alba

Unha interpelación – denunciou – que chega “un ano e dous meses despois de que o goberno do PSOE anunciara a bombo e pratos a vindeira catalogación de elementos que incumpran a lexislación en materia de Memoria Histórica, paso previo para a súa retirada.

Así, González censurou que o executivo socialista “non só non cumpra nin cos seus compromisos nin coa lexislación vixente”, se non que, aínda por riba, permita unha restauración “abertamente ilegal” que, por se fora pouco, “non contaría coas preceptivas autorización de Patrimonio e Camiño de Santiago”, ámbalas dúas, obrigatorias e derivadas da súa ubicación.

Dende Vilalba Aberta lembran, ademais, á Alcaldesa que segundo a Lei 52/2007, no seu artigo 15, “as administracións públicas, no exercicio das súas competencias, tomarán as medidas oportunas para a retirada de escudos, insignias, placas e outros obxectos ou mencións conmemorativas da exaltación, persoal ou colectiva, da sublevación militar, da Guerra Civil e da represión da Ditadura.”

É por isto que instan ao goberno a cumprir a lei asumindo este compromiso co fin de facer valer os principios de “verdade, xustiza e reparación”, rematando González a súa intervención denunciando que, ao tempo que para o veciño de a pé “todo son trabas”, o Concello fomente o mesmo “urbanismo á carta” do que durante anos fixeron gala os sucesivos gobernos do Partido Popular.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.