Vilalba Aberta propuso no que vai de ano o arranxo de 35 pistas repartidas en 15 parroquias sen resposta do Goberno socialista

As demandas das parroquias volven centrar o traballo de oposición de Vilalba Aberta. Logo das múltiples queixas recibidas en relación co estado no que se atopan as diferentes pistas da rede viaria municipal, o voceiro da formación, Modesto Renda, volveu reclamar do goberno do PSOE a posta en marcha dun Plan de Vías para o rural.

Renda, que censurou a “desorganización” e a persistencia da “mesma falta de planificación que caracterizaba ao xeito de facer do PP”,  definiu de “inaceptable” a xestión do equipo de goberno en minoría ao respecto do rural.

“As promesas de campaña deron paso ao máis do mesmo”, declarou un Renda que, ao tempo, foi tamén especialmente crítico co “reiterado incumprimento” do que o PSOE levaba no Programa Electoral ao respecto das parroquias.

Así, e máis alá da criticada xestión do mantemento e a roza que Vilalba Aberta canalizou xa en varios Plenos; dende a formación municipalista fan especial fincapé na necesidade da aplicación de “criterios obxectivos” que veñan a regular e organizar as actuacións sobre as múltiples pistas e accesos dependentes do Concello.

O TRABALLO DE VILALBA ABERTA IGNORADO POLO GOBERNO MUNICIPAL

“Dende VA contextualizamos esta nova iniciativa como “a enésima chamada de atención ao goberno en relación co estado da rede viaria municipal”, apuntou Renda para, inmediatamente, lembrarlle á Alcaldesa que o apoio ao rural demostrase “con feitos” e non con “palabras na campaña electoral”.

Así, e ao tempo que agradeceu a confianza de cada vez máis veciños/as no Grupo Municipal de Vilalba Aberta, o voceiro debullou un a un os diferentes accesos e pistas que a súa formación visitou, contrastou e trasladou ao goberno socialista no que vai de 2022:

PARROQUIAS DE GOIRIZ E ROMÁN:

  1. Vial que une Graduín e Fabás con Corbelle.
  2. Vial que une Gomariz coas Touzas.
  3. Vial que une a Mámoa coa Abelaira (Román)
  4. Camiño de Pígara (zahorra e canalización)

PARROQUIA DE CARBALLIDO:

  1. Pista do Lugar da Pedreira.
  2. Pista de Lamelas
  3. Pista de Pena Grande.

PARROQUIA DE VILAPEDRE

  1. Vial que une Porto de Bois coa Fraga e o Pazo.
  2. Vial que une a Carballeira e Rebordelo.
  3. Vial que une o barrio de Sarela co Castro.
  4. Vial que vai do barrio da Bouza ao de Vigo.

PARROQUIA DE BELESAR

  1. Acceso a Reboutas (zahorra)
  2. Abrir pista que une Aldea a Penarredonda
  3. Vial que sae a Cazás.
  4. Vial de Cabanamille á altura do Campo.

PARROQUIA DE RIOAVESO

  1. Vial que vai a Román á altura da Pontiga.

PARROQUIA DE ALBA

  1. Vial da Louseira ao paso pola parroquia.
  2. Pista das Turbelas

PARROQUIA DE CORBELLE

  1. Camiño da Pontiga da Lousa (zahorra)
  2. Camiño da Veiga (zahorra)

PARROQUIA DE LANZÓS

  1. Vial que vai do Picouto á Igrexa de Goiriz
  2. Vial que vai da estrada de San Simón a Ladrela polo Curadoiro.
  3. Acceso á charca (zahorra)
  4. Vial que vai de Ramil ó Ribado.

PARROQUIA DE SAN SIMÓN

  1. Vial que une Cal con Vilardebín
  2. Vial do Tarrelo
  3. Vial de Pardasalbas (zahorra)
  4. Vial de Vilaragonte
  5. Vial que vai a Samarugo (200m en torno á Capela de San Adriano)
  6. Vial que vai de Casanova ao Catadoiro (último tramo 20m)

PARROQUIA DE SANCOVADE

  1. O camiño seguinte ao acceso ao Campo de Fútbol.

PARROQUIA DE SANTABALLA

  1. Vial que une Fontepisón con Trastoi.

Ademais, e nos últimos días, VA rexistrou no Concello sendas solicitudes de actuación noutros tres viais municipais en ÁRBOL, DISTRIZ E TORRE

O ACORDO DE INVESTIMENTOS NAS PARROQUIAS POR VALOR DE 800.000€ QUE VILALBA ABERTA ACADOU EN 2021: O CAMIÑO A SEGUIR PARA A FORMACIÓN. 

Con todo, Modesto Renda volveu defender a política do entendemento e do pacto como a “única que mellora a vida dos vilalbeses/as”, e puxo como exemplo o acordo de investimentos que VA asinou co goberno en Agosto de 2021.

“Hai un ano acadamos un desbloqueo fundamental en termos de políticas de inversión pois, do contrario, o Concello non tería apenas marxe para executar”, explicou. E é por isto que o voceiro, finalizou a súa intervención lembrándolle á Alcaldesa que “do PSOE depende que 2022 sexa ou non un ano perdido para as parroquias”. “Por nós non será”, concluíu

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.