Vilalba celebra o Orgullo LGTBI o venres 1 de xullo con música, teatro e campaña de concienciación

O Concello de Vilalba celebrará o próximo venres 1 de xullo o Orgullo LGTBI, cunha programación na praza da Constitución para concienciar sobre a importancia de respectar a diversidade nun ambiente festivo

Baixo o lema ‘Vilalba con orgullo. Iguais na diversidade’, a xornada comezará ás 19:00 horas cunha campaña na rúa para concienciar sobre a diversidade, a igualdade de trato e os dereitos, visibilizando distintas realidades moi sinaladas en entornos rurais e con gran discriminación.

“Apoiamos o orgullo de ser, de elixir e vivir a nosa vida sen estar condicionados pola familia, as amizades ou a sociedade en xeral; o coñecemento e a concienciación fainos máis libres e menos prisioneiros de prexuízos anacrónicos”, afirma Vanesa Siso, concelleira de Igualdade de Vilalba.

O concello agradece a colaboración da Escola de Teatro, que interpretará unha peza titulada ‘Nun mundo ideal’, así como do Dúo Estrellas, dous irmáns vilalbeses moi comprometidos co colectivo LGTBI.

A xornada rematará coa Festa da Cor e a actuación de Marta Fierro, máis coñecida como Eme DJ, unhas das DJ cunha traxectoria máis recoñecida de toda España. É ademais unha persoa moi activa na loita polos dereitos LGTBI.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.