Visita Luces de Saín do Obradoiro de Emprego Camiño do Solpor IV

Será o 10 de Xuño na Estatua do Golfiño do Paseo Marítimo Do Ézaro

O alumnado-traballador do Obradoiro Dual de Emprego “Camiño do Solpor IV” que abarca os concellos de Dumbría, Cee e Corcubión, na especialidade de Promoción turística local e información ao visitante, realiza unha visita guiada polo Ézaro.

A visita “Luces de saín: as mulleres do Ézaro a través dos ollos de Ruth Matilda Anderson” pretende visibilizar unha historia, a das mulleres do Ézaro que permaneceu oculta durante séculos e que en parte foi e segue a ser descoñecida. Cunha duración de 1h e 30 min partirá da escultura do Golfiño do paseo marítimo do Ézaro.

Inscrición e reservas

A visita guiada terá un aforo limitado por orde de inscrición, polo que será necesario anotarse previamente de luns a venres de 9-14h no teléfono 676 657 565.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *