Xuntanza en Baleira para falar dos parques eólicos que transcorren polo concello

Os socialistas de Baleira realizaron onte unha charla informativa no centro sociocultural, sobre o parque eólico do Levante e a liña de alta tensión de descarga proxectada no Concello. Este acto contou co asesoramento de Ventonoso, un colectivo que asesora aos propietarios nas negociacións coas empresas eólicas

A Voceira Socialista de Baleira, Laura Burgué explicou “realizamos esta xornada para que a veciñanza coñeza de primeira man os pros e contras relacionadas cos proxectos eólicos proxectados no noso Concello. A través desta charla queriamos que os afectados puideran coñecer de primeira man os pormenores destes plans, sen intermediarios. E coa finalidade de que poidan ter unha idea clara do que supoñen estes novos parques na nosa vila”, remarcou a socialista.

Dende o PSdeG “vamos a seguir impulsando iniciativas que contribúan a mellorar a calidade de vida dos nosos veciños e veciñas, e por suposto, a informalos de tódolos proxectos que consideremos oportunos para o futuro do noso concello”, dixo Burgué.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.