Xuntos Carballo M+J amosa o seu apoio as empregadas do SAF

A formación municipalista Xuntos Carballo por un mundo máis xusto apoiou a reinvindicación que se levou a cabo na praza do concello este luns, coincidindo co pleno mensual

As empregadas que prestan tal servizo, según relatan elas mesmas ven como non se cumpre co convenio estipulado, que contempla unha suba do 6,5 por cento. Asistíu unha ampla representación da formación, entre os que se atopaban as que serán as once primeiras  persoas que a agrupación municipalista presentará nas vindeiras eleccións locais.

«Sempre estaremos a o carón da legalidade e na defensa dos traballadores/as que reinvindiquen os dereitos que legalmente lle corresponden. Agradecemos que se nos convidara para amosar o noso apoio público, que con gusto aceptamos e que non podía ser de outra maneira ,cando o que se denfenden son causas xustas» sinala Xesús Deus Gende, secretario xeral de Xuntos Carballo M+J.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.