Xuntos Carballo M+J pide “medidas de seguridade e proteción” na rúa Vázquez de Parga

O secretario local e voceiro Xesús Deus Gende e o responsable de seguridade, tráfico e mobilidade Perfecto Méndez Lema, recolleron dúas queixas veciñais na mesma rúa

A primeira situase a altura do número noventa, e refírese a unha parede antiga en mal estado,así coma un muro de formigón que causa indignación entre a cidadanía, pois pode acontecer algún dano en persoas no caso de que algunha pedra caia a beirarúa,ou o muro ceda a o estar este bastante rachado e tan só suxeito por unhas cintas,na parte máis danada.

Según testimonios recollidos parece ser que o causante foi un camión,pero dende aquela nada se fixo por sinalizar o lugar ou informarlle a os donos de que arranxaran o máis axiña posible a desfeita.A segunda queixa refirese as antigas vivendas dos mestres,onde están caendo un día si e outro tamén anacos de madeira ,cristais ou cemento dos vellos edificios.

As persoas que visitan a Cruz Vermella acotio,alguén da zona que vaia pasear o seu can ou cadela(que poidemos verificar que así é) , ou residentes da zona que estacionan  os seus vehículos moi preto , atopanse con  cascallos guindados no chán sen recoller,ou co perigo dun derrubamento de calquera material en mal estado en calquera intre.

Diante de tal desfeita tan só se poden ver unhas vallas de plástico con un cordel do mesmo material que non cumpren para nada cunhas medidas de seguridade axeitadas.Asimesmo vense edificios sen portas, fiestras caendo a cachos… o que pode dar lugar a sustos, percances ou incluso graves danos persoais.

Dende Xuntos Carballo por un mundo máis xusto pide ao concello que “de maneira urxente sinalice correctamente os puntos descritos anteriormente, dote de medidas de seguridade as zonas, e leve a cabo as actuacións pertinentes para rematar co potencial perigo que existe en ambos lugares”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.