Xuntos Carballo M+J pide unha zona cuberta na escola infantil de Mirón en Bértoa

O secretario local e voceiro Xesús Deus Gende e o responsable de seguridade , tráfico e mobilidade Perfecto Mendez Lema, achegaronse ata a escola de Mirón na parroquia carballesa de Bértoa , para darlle unha ollada as zonas de xogos infantís,e poder ver o estado en que se atopan,a o mesmo tempo que coñecer de preto unha vella reinvindicación veciñal,despois de que varias persoas con raparigos en dito centro educativo, se puxeran en contacto cos responsables que a formación ten en dita zona.
A maioria das instalacións atopanse en bo estado ainda que a herba xá vai estando grande a o carón da edificación,os firmes de area con buratos fondos onde están os columpios e o tobogán,(o que pode ser perigoso para os cativos)ou algunha mellora de pintura nos aparellos de xogos. Según informacións recentes parece ser que se vai proceder a unha pequena reforma no centro , pero o que non se contempla e a tan ansiada e reinvindicada zona exterior cuberta,que permita a os nenos/as ter onde xogar en época de chuvia,ou mal tempo.
Dende Xuntos Carballo por un mundo máis xusto pedimos a corporación municipal que faga as xestións pertinentes para dotar de tal espazo a fin de que os máis pequenos/as poidan desfrutar das zonas de ocio , nas diferentes estacións do ano.Tendo en conta a presenza de varias opcións políticas no concello , non debería ser un impedimento a hora de pedir dita área protexida das condicións climatolóxicas adversas na administración correspondente,a non ser que se mire máis o interese partidista que o ben común.