5 mozos e mozas de Grecia, Italia, Eslovaquia, Letonia e España realizan voluntariado no Camiño Portugués en Tui

Foron recibidos polo alcalde de Tui que coñeceu de primeira man o seu traballo

Cinco persoas voluntarias de Grecia, Italia, Eslovaquia, Letonia e España realizan este verán labores de sostenibilidade, interculturalidade, promoción da inclusión social, … en Tui e no Camiño Portugués.  Estas cinco persoas participan no proxecto Xacobeando liderado pola Xunta de Galicia, e que supervisa a asociación guardesa FOCO.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, recibía onte á mañá a estes cinco mozos  e mozas voluntariadas coñecendo así de primeira man o labor que realizan este verán. Uns meses estivais no que tamén colaborarán en distintas actividades e iniciativas do propio Concello de Tui.

Xacobeando, é un proxecto europeo de voluntariado en zonas de alta prioridade posto en marcha pola Consellería de Política Social e Xuventude Galicia. Ao abeiro do mesmo 80 voluntarios, de entre 18 e 30 anos, de diferentes países de Europa colaboran en accións de conservación e difusión das rutas de peregrinación a Santiago. Tui é un dos municipios onde se desenvolve xunto a Palas de Rei, Xinzo de Limia, Lalín, Ribeira, Valga, Pontevedra ou Santiago.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.