A Deputación aprobará este mes a mellora da estrada do Confurco a Orro (Culleredo)

O proxecto inclúe a ampliación da estrada, mellora do trazado e contrución dunha senda peonil, así como a renovación simultánea da rede de saneamento na DP 0510, que será financiada polo Concello

A Deputación da Coruña levará ao pleno do vindeiro 29 de xullo a aprobación do novo proxecto de ampliación e mellora da estrada provincial DP-0510 do Confurco a Orro, no termo municipal de Culleredo.

O antigo proxecto vén de ser actualizado debido á alza de prezos dos materiais de construción nos últimos anos e á necesidade de incorporar ao proxecto de mellora do vial as obras de renovación da rede de saneamento na zona.

Cun orzamento total actualizado de 1.671.420 euros, a obra da DP-0510 será o maior investimento programado pola área de Vías de Obras na rede provincial de estradas durante este ano e incluirá a ampliación da plataforma do vial, a mellora do trazado e a construción dunha senda para mellorar a seguridade peonil, ademáis da renovación completa da rede de saneamento, que será financiada polo concello con 250.317 euros, e que se executará simultáneamente coas obras do vial.

De feito, as obras contrataranse como un único lote para a súa execución por parte da mesma empresa e, unha vez aprobadas polo pleno, licitaranse pola vía de urxencia para que podan estar en execución este mesmo outono.

O proxecto contempla a reparación da estrada desde o seu comezo, na intersección coa tamén vía provincial DP3109, ata o punto quilométrico 2+940, mellorando o acceso aos núcleos de Figueiras e Caiñás, e as diversas vivendas situadas neste tramo de preto de 3 quilómetros.

Na actualidade, esta vía ten un ancho medio de cinco metros e carece de beiravías, o cal impide unha correcta seguridade viaria. Para solventalo, ampliarase a plataforma para dotala de dous carrís de tres metros cada un e de beiravías de medio metro, así coma de cunetas de seguridade.

Co obxectivo de favorecer o tránsito dos viandantes entre os diversos inmobles que se sitúan a ambos marxes da estrada, tamén se creará unha senda peonil de dous metros de ancho ao longo da totalidade da estrada. Ademais, nas zonas onde o ancho da vía o permite, aproveitarase para a creación dun aparcamento en batería.

O proxecto tamén prevé a mellora dos accesos e interseccións, a modificación das curvas con radio moi reducido  e a execución dunha nova glorieta á altura do punto quilométrico 2+000, co fin de favorecer os cambios de sentido e de eliminar os puntos con alta perigosidade tanto para o tráfico rodado coma para os viandantes.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.