A Deputación de Lugo colabora coa organización da Festa da Empanada de Begonte

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, presentou esta mañá nos xardíns do Pazo de San Marcos unha nova edición da Festa da Empanada de Begonte que se celebra os días 16 e 17 de xullo no Club Fluvial da localidade. No acto tamén participou o vogal da Asociación Centro Iniciativas e Turismo do Club Fluvial de Begonte, Noé Graña.

Rivera Capón destacou que esta cita “reúne, nunha contorna natural, a numerosas persoas en torno a un produto de calidade como é a empanada, que mostra a riqueza da nosa gastronomía”. Esta cita vén a dinamizar tamén a vida social de Begonte, así como a actividade económica de diferentes sectores, como pode ser o de servizos. A Deputación de Lugo renovou a colaboración con este encontro cunha achega de 3.000€ “porque pon en valor as nosas tradicións, a nosa gastronomía, porque favorece o turismo e porque crear actividade económica”, afirmou o Deputado.

O programa da Festa da Empanada de Begonte compleméntase o domingo coas Actividades Fluviais gratuítas que a institución lucense puxo en marcha este verán para todos os públicos en dez concellos  da provincia.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.