A Deputación pon en valor as Relacións Laborais como ferramenta necesaria para combater o contexto económico actual

O responsable da Deputación dixo estar orgulloso de pertencer á familia da Escola Universitaria de Relacións Laborais, «un vínculo que emana da cesión do edificio no que se ubica a ERLAC e da necesidade de formar profesionais nunha disciplina decisiva para o futuro de todos os galegos»

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, participou hoxe na inauguración do V Congreso de Centros Universitarios de Relacións Laborais xunto a reitor da UDC, Julio Abalde, e a alcaldesa da Coruña, Inés Rey, e aproveitou para destacar a importancia dos profesionais da Escola Universitaria de Relacións Laborais da Coruña nun momento tan complexo para a economía global. «As previsións macroeconómicas, derivadas da pandemia e da invasión militar en Ucraína, sobre o PIB, a inflación, e mercado laboral son moi negativas, pero neste escenario é onde o voso traballo é de vital importancia para reverter esta situación», apuntou.

Formoso advertiu que o modelo económico e laboral europeo está en risco pola súa dependencia de potencias como a chinesa, onde prescinden da importancia das relacións laborais. «Estamos a aceptar un modelo económico que non se parece en absoluto co que soñaron os nosos pais e avós e tampouco o que queremos nós para os nosos fillos e fillas», sentenciou o máximo responsable da Deputación.

O presidente da Deputación aproveitou para destacar o papel das institucións públicas nun momento tan complexo económico e social. Neste caso lembrou as medidas postas en marcha polo Goberno de España para garantir os dereitos de traballadores e empresas tendo en conta factores humanos e sociais. «Medidas sen precedentes, como a esperada Reforma laboral, que está permitindo estabilizar o emprego co obxectivo de reducir a precariedade e a temporalidade ou o incremento do gasto público para conter os efectos da inflación».

Por outra banda, lembrou o orgullo de formar parte da familia da Escola Universitaria de Relacións Laborais, «un vínculo entre as dúas institucións moi antigo baseado na necesidade de formar e crear máis profesionais nunha disciplina decisiva para o futuro de todos os galegos». Ese vínculo, dixo, materializado na cesión do edificio de La Milagrosa, no que se atopa a ERLAC.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.