A Xunta de Goberno provincial aproba a adquisición da metade da Torre da Caldaloba

Maite Ferreiro subliñou que «a parcela adquirida alberga os fosos e contrafosos defensivos da fortificación, que teñen un valor fundamental na posta en valor do ben patrimonial»

A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou onte a adquisición dunha das parcelas nas que se ubica a Torre de Caldaloba, na parroquia de Pino, en Cospeito.

Trátase dun terreo de 19.596 metros cadrados, que inclúe a metade da edificación -53 metros cadrados de planta e as fachadas noroeste e suroeste- e o sistema de fosos e contrafosos defensivos do perímetro da edificación, datada no século XIV e considerada Ben de Interese Cultural desde 1994.

O terreo inclúe tamén un alxibe de 5 a 7 metros e profundidade e o acceso principal á Torre: un camiño rural, pertencente a unha rede de camiños nunha zona de concentración parcelaria, de 160 m de lonxitude, cun tramo duns 2,50 metros de ancho.

A vicepresidenta da Deputacíon de Lugo Maite Ferreiro explicou que “tal e como anunciamos o pasado mércores, este venres aprobouse na Xunta de Goberno a proposta de adquisición desta propiedade, que ten un valor fundamental de cara a protección, recuperación e posta en valor da Torre, xa que ademais de albergar a metade do propio edificio, nela consérvanse tamén os restos do sistema defensivo que rodea a fortificación”.

Maite Ferreiro reiterou que o obxectivo da Vicepresidencia da Deputación “é acadar, en canto sexa posible, a propiedade pública da totalidade da Torre e da súa contorna de protección para desenvolver un proxecto de recuperación, consolidación e posta en valor que reflicta a súa importancia patrimonial, histórica e simbólica para Galiza”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.