A Xunta entrega os diplomas aos participantes no obradoiro de Sarria

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, salientou que o alumnado recibiu formación de calidade e contribuíu a mellorar o Camiño de Santiago ao seu paso polo concello 

A Xunta de Galicia entregou hoxe os o seus diplomas aos alumnos do obradoiro de emprego Camiño de Santiago II, promovido polo Concello de Sarria e financiado pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade con 347.000 euros.

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, participou no acto xunto co alcalde, Claudio Garrido. Arias sinalou que o taller contou con 20 prazas e impartiu a especialidade de pavimentos e albanelería de urbanización.

O alumnado tivo acceso a un contrato de traballo durante os nove meses de duración da actividade, que incluíu formación teórica e práctica. “Os obradoiros teñen a dobre vantaxe de ser unha ferramenta idónea para a inserción laboral de persoas desempregadas ao tempo que axudan a mellorar infraestruturas e servizos públicos municipais”, subliñou.

No caso de Sarria, explicou que os participantes traballaron no acondicionamento e pavimentación da ruta xacobea ao seu paso polos núcleos de Perros e Aguiada, na parroquia de Calvor. Así, remarcou a contribución desta iniciativa “para seguir avanzando na potenciación do Camiño de Santiago, que xoga un papel fundamental na dinamización económica da nosa provincia, especialmente nas zonas rurais”.

Anunciou ademais que a Consellería está a piques de notificar as concesións da nova convocatoria de obradoiros duais que permitirá formar unhas 1.600 persoas en Galicia con dúas grandes novidades: un incremento do orzamento do 23%, superando así os 42 millóns de euros, e un maior período de formación do alumnado, pasando dos 9 aos 12 meses de duración.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.