Ano Europeo da Xuventude e Festa da Familia do Concello de Dumbría

Fin de semana con actividades para todas as idades no concello de Dumbría

Esta fin de semana vén cargada de actividades para toda a familia no concello de Dumbría.

O sábado 30 de xullo, celebraremos o Ano Europeo da Xuventude con actividades para a mocidade, organizadas polo centro Europe Direct A Coruña, da Deputación da Coruña, e o Concello de Dumbría.

A partir das 18:30 h., na Fervenza do Ézaro, teremos obradoiros de circo: malabares, acrobacias, equilibrios e aéreos.

Ás 20:00 h., espectáculo de circo-danza performance e, a continuación, sesión de DJ.

Pola noite, iluminación da Fervenza do Ézaro.

O domingo 31 de xullo, regresa á Devesa da Lúa, na carballeira de Berdeogas, a Festa da Familia.

Nesta vixésima edición, desfrutaremos do tradicional xantar ao aire libre e instalarase unha pulpeira, que venderá racións de churrasco e pulpo.

Haberá inchables para os pequenos/as e a Banda de Gaitas Invernía, a charanga O Rumbo, os gaiteiros Flor do Toxo e a Agrupación Coral Chan das Lamas serán os encargados de amenizar a xornada.

Pola tarde, actuación do Grupo Garibaldi e da Orquestra Ritmo Xoven.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.