As 00:00 horas do luns, comenzará a folga indifinida no Servizo de Limpeza e Recollida viaria en Santiago de Compostela

A pesar de que Urbaser reuneuse varias veces co Comité para intentar buscar un acordó, os movementos seguen sendo insuficientes e distantes pra chegar acordos

O Venres a plantilla de Urbaser Santiago do servizo da Limpeza e Recollida Viaria celebrou unha concurrida manifestación polas ruas de Santiago, rematando na praza do Obradoiro para seguir denunciando a posición de Urbaser e o Própio Concello no seno das negociación do novo Convenio donde hai un interés real por mermar o poder adquisitivo e os salarios da totalidade da Plantilla facendo alusión e poñendo como principal obstáculo a indigente clausula de revisión de prezos pactada entre o Concello e Urbaser durate a vixencia da licitación (10 anos + 5 de posible prórroga), na que teñen por obxetivo a precarización das condicións laborais dos traballadores e traballadoras do servizo da recollida e limpeza viaria de Santiago de Compostela.

O Comité recibeu a comunicación da resolución dos Servizos Minimos do Concello de Santiago a cumplir durante a Folga, e dende ambas Centrais Sindicais (CCOO e CIG) xa deron traslado dos mesmos os respectivos servizos xurídicos para solicitar medidas cautelares e a impugnación dos mesmos, dado que nunha primeira análise consideran abusivos moitos dos servizos determinados.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.