Caballero pídelle a Rueda acordar unha xuntanza “para tratar os temas pendentes en función dos intereses de Vigo”

O alcalde enviou unha carta ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, co obxectivo de fixar unha xuntanza na que abordar “unha trintena de asuntos que a Xunta ten pendentes coa cidade”.

Abel Caballero remitiu aos medios a carta que enviou ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, co obxectivo de acordar unha xuntanza para “tratar os temas pendentes en función dos intereses de Vigo”.

“Hai un novo presidente da Xunta e é unha ocasión para unha nova etapa”. Caballero proponlle ao mandatario galego acordar a data, o modo e o xeito de levar adiante a xuntanza. O alcalde di “non ter animadversión polo goberno de Galicia porque sexa do Partido Popular, se non porque non atenden a cidade de Vigo”.

Na carta remitida a San Caetano o rexedor enumera “unha trintena de asuntos que a Xunta ten pendentes coa cidade”.

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.