Campionato de Fútbol Sala “Vila de Arbo”

Despois de dous anos de parón por mor da Covid-19, o Concello de Arbo organiza novamente este ano o Torneo de Fútbol Sala “Vila de Arbo”, un clásico no verán cultural que se organiza no municipio, un torneo moi esperado e que este ano se disputará nun só fin de semana.

O campionato de Fútbol Sala “Vila de Arbo” que este ano cumpre a  súa XXVII edición, disputarase no pavillón municipal de deportes os días 29 e 30 de xullo a partires das 21:00horas, onde un total de 15 equipos procedentes de Arbo e concellos limítrofes, farán que os afeccionados a esta modalidade gocen  de 24 horas intensas de deporte.

A importancia desta cita deportiva,  ten que ver tamén cos seus premios económicos xa que os primeiros clasificados obterán 2.200 euros repartidos en 1.100 euros para o primeiro clasificado, 600 euros para o segundo, 300 euros para o terceiro e 200 euros para o cuarto.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.