Clausura do “Obradoiro de Emprego Camiño do Solpor IV”

O día 28 de xullo de 2022 remataba o “OBRADOIRO DE EMPREGO CAMIÑO DO SOLPOR IV”, promovido polo concello de Dumbría, xunto cos concellos de Cee e Corcubión, un programa mixto de emprego e formación subvencionado pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, cofinanciado polo Ministerio de Traballo e Economía Social

Este obradoiro de emprego estaba dirixido a mellorar a ocupabilidade de 20 persoas desempregadas de ditos concellos, a través da súa cualificación profesional, en alternancia coa adquisición de experiencia laboral, mediante a realización de obras ou a prestación de servizos de utilidade pública ou interese social.

Dito día, celebrouse no albergue municipal do Conco do Concello de Dumbría, o acto de clausura ao que asistiron, ademais dos tres alcaldes dos concellos integrantes no proxecto, D. José Manuel Pequeño Castro, alcalde do Concello de Dumbría; D.ª Margarita Lamela Louzán, alcaldesa do Concello de Cee e D. Manuel Insua Insua, alcalde do concello de Corcubión, a Xefa Territorial da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Coruña, D.ª Judit Fontela Baró. No acto  coincidiron en destacar o bo aproveitamento da formación recibida e o bo traballo realizado polo alumnado-traballador, así coma as oportunidades laborais futuras que dita formación lles proporciona.

O obradoiro de emprego tivo unha duración de 9 meses no cal se impartiron 2 especialidades: instrución en ioga (AFDA0311) e promoción turística local e información ao visitante (HOTI0108). Ademais, o alumnado-traballador recibiu formación complementaria en materia de prevención de riscos laborais, xestión empresarial e orientación laboral, alfabetización informática, formación para a igualdade e sensibilización ambiental.

O alumnado-traballador da especialidade de instrución en ioga, impartiu clases de iniciación nesta disciplina nas instalacións deportivas dos tres concellos participantes no proxecto. As sesións foron impartidas de febreiro a xullo, 6 meses nos que puxeron en valor os beneficios da mesma e no benestar físico e mental que provoca nas persoas que a practican.

O alumnado-traballador da especialidade de promoción turística local e información ao visitante, realizou a promoción e divulgación turística dos tres concellos, así como labores de recompilación dos seus respectivos recursos turísticos. Ademais, realizaron a atención e asesoramento a turistas e visitantes, así coma deseño de roteiros, elaboración de material e outros produtos turísticos. Nos meses de xuño e xullo, levaron a cabo visitas guiadas, mostrando o patrimonio material e inmaterial, as cales tiveron unha gran aceptación.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.