Completada a ampliación e mellora da seguridade peonil na estrada que une Cortiñán e Vixoi, en Bergondo

As obras permitiron ampliar a estrada de 4,5 a 6,5 metros de ancho e construír unha senda peonil para mellorar a seguridade dos peóns

A  Deputación da Coruña completa estes días os últimos detalles das obras de ampliación e mellora da seguridade peonil acometidas nos primeiros 800 metros da estrada provincial DP 0801 de Fraga do Casal a Santa Marta de Babío.

As obras supuxeron un investimento de máis de medio millón de euros e incluíron a construción dunha senda para mellorar a seguridade dos peóns que se desprazan a pé pola zona, e a ampliación da plataforma do vial desde a intersección coa N-VI á altura de Cortiñán ata o punto quilométrico 0+790, en Vixoi, onde a estrada se cruza con outra de titularidade municipal. Ademáis, dentro deste proxecto e de forma simultánea, o Concello de Bergondo financiou a construción dunha nova rede saneamento que dá servizo ás vivendas da zona.

A nova plataforma ten un ancho de 6,5 metros (antes era de só 4,5 m.), o que permite un marxe de seguridade adecuado para o cruce de vehículos.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.