Continúa a renovación dos accesos ao ascensor do Sagrado Corazón

Os traballos que se están a executar consisten na renovación da pavimentación e do muro, dando continuidade ao xa instalado no ascensor

O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, informou dos avances realizados na renovación da praza do Sagrado Corazón, na actuación correspondente á mellora da pasarela que da acceso ao ascensor. Arroxo visitou a praza xunto co concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas. «Despois de renovar a praza continuaremos traballando na mellora da imaxe da contorna con esta nova intervención, que permitirá mellorar a imaxe da pasarela que da acceso ao ascensor», afirmou Rubén Arroxo, que engadiu «a actuación estase a executar a bo ritmo, seguindo sempre condicións climatolóxicas para garantir o mellor resultado posíbel».

Os traballos que o Goberno de Lugo está a executar nesta zona consisten na retirada do pavimento e na demolición do muro actual, e nos vindeiros días comezará a instalación do novo pavimento e a construcción dun novo muro que dará continuidade ao xa instalado no acceso ao ascensor, elaborado con elementos metálicos e de vidro. Ademais, instalaranse novos elementos para a recollida das augas pluviais, o que evitará filtracións na zona.

A actuación ten un orzamento de 47.825,26€, e complementan á renovación da praza do Sagrado Corazón, unha actuación executada nos últimos meses e que converteu este lugar nun espazo aberto e amable coa veciñanza.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.