Denuncian a colocación dunha bandeira independentista na fachada da casa de Rouco en Muras

A voceira popular de Muras, Eugenia Requeijo condena que «o señor alcalde permita que se utilice un edificio de titularidade municipal con fines partidistas»

A voceira do Grupo Municipal do PP de Muras e presidenta local da formación, Eugenia Requeijo, denuncia a colocación dunha bandeira independentista na casa de Rouco, un edificio de titularidade pública no que só se poden poñer bandeiras oficiais.

A popular aclara que “é un acto ilegal e non podemos permitir que nun edificio público pasen estas cousas”. Ante este problema Eugenia subliña a necesidade de que o alcalde se manteña neutral, pois “representa a todos os veciños e veciñas e non só ao seu partido político”.

O Grupo Muncipal Popular rexistrou onte un escrito no que se solicita ao alcalde de Muras que abandone estas prácticas ilegais en calquera edificio de uso público. Ademáis pediuse ao goberno local que tome as medidas para que isto non se volva a repetir dadas as numerosas quiexas dos veciños e veciñas do municipio.

Normativa vixente en materia de bandeiras

Según a lei 39/1981, artigo 4,  do 28 de octubre, publicada no Boletín Oficial do Estado, no que se regula o uso da bandeira de España, o de outras bandeiras e enseñas, é ilegal a colocación de bandeiras non oficiais en Concellos, Deputacións ou calquera outras corporaciones públicas. Incluso nas Comunidades Autónomas onde se recoñeza unha bandera propia, ésta se utilizará conxuntamente coa bandeira de España en todos os ediificios públicos civiles.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.