Ecoloxistas denuncian ilegalidade da autorización de vertidos de San Finx

Chaman a participar na concentración de protesta convocada para este sábado en Noia aproveitando a visita do presidente da Xunta

Ecoloxistas en Acción denuncia a ilegalidade da proposta de resolución que ven de emitir Augas de Galicia para autorizar os vertidos da mina de San Finx, situada a apenas 7 km augas arriba dos bancos marisqueiros da ría de Muros-Noia e do espazo da Rede Natura 2000 do Esteiro do Tambre. A proposta ven de dictarse nun procedemento pragado de irregularidades que leva sete anos en trámite e anuncian accións legais contra os funcionarios e altos cargos responsábeis.

Segundo a organización ecoloxistas, a autorización de vertido busca apenas garantir a escapatoria do Grupo SACYR, que a finais de decembro pasado asinou un acordo entregando a mina a unha empresa australiana, Biscay Minerals, desprovista de fondos e que non ten ningunha outra mina ou proxecto en todo o planeta. O acordo estaba condicionado a que a Xunta outorgara á mina a autorización de vertido, pois do contrario sería Sacyr quen terá que asumir os custos de restaurar e clausurar definitivamente a explotación.

Por iso, alertan que este «favorazo», que atribúen directamente ao presidente Alfonso Rueda e ao vicepresidente Francisco Conde, non pasará desapercibido pois o cúmulo de falsedades e vicios do procecemento de vertidos só podían ter levado á denegación e arquivo da solicitude. Independentemente de que a eventual resolución, que esperan sexa emitida a finais de agosto aproveitando o periodo vacacional, sexa impugnada xudicialmente, o asunto levarase tamén á vía penal ao existir indicios claros de delitos de prevaricación.

Concentración este sábado

A plataforma comarcal «Vida e Ría ou Minaría?» ven de convocar para este sábado 23 unha concentración de protesta pola autorización dos vertidos, aproveitando a presenza na vila do presidente da Xunta Alfonso Rueda. Ecoloxistas en Acción apoia a convocatoria que terá lugar en frente do Coliseo Noela á 1 da tarde e fai un chamamento á participación masiva.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.