Éxito galego nos mundiais Máster de Atletismo

Novamente a calidade do atletismo máster galego púxose de manifesto durante a disputa do Campionato do Mundo desenvolto recentemente na localidade finesa de Tampere a cal acudiron un total de nove dos nosos atletas.

O balance das súas actuacións non pode ser máis satisfactorio e positivo, xa que se lograron nada menos que un total cinco campionatos mundiais, unha medalla de bronce, un récord de España e un total de oito postos de finalistas.

Fantástico balance de medallas

Juan Manuel Morales convertíase nun dos protagonistas desta edición logo de lograr nada menos que tres medallas de ouro nas modalidades de marcha individual e por equipos que suma ao seu impresionante palmarés (dez medallas internacionais das cales catro son títulos mundiais) que o convirten nun dos máis laureados do atletismo galego. Con estos resultados, sitúase como líder indiscutible da marcha mundial da súa categoría.

A plusmarquista mundial Esther Pedrosa non para de engadir e sumar títulos e récords desde que ¨retomara¨ a súa actividade no europeo do ano 2013 en San Sebastián. Desde entón foron moitas as medallas e distincións (mellor máster española -xunto a Pepín Rioseco- no ano 2021 e mellor fondista máster Europea do 2021 por citar algúns) recibidas e logradas en campionatos internacionáis, incluidos os catro récords do mundo. As últimas que suma son os dous ouros de Támpere nos 1.500 m. e o nos 5.000 m. con récord de España incluido nesta última distancia.

Domingo Álvarez foi outro dos que subiron ao podio neste mundial. O plusmarquista mundial dos 4×800 m. e recórdman nacional nos 800 m. da súa categoría, sumaba un bronce sobre os 1.500 m. logo de rematar a distancia cun rexistro de 5:00.81.

No resto de actuacións cabe salientar os postos de finalistas logrado por Luz María Domínguez quen a piques estivo de sumar a quinta medalla internacional ao seu palmarés, e o de Soledad Castro quen continúa con extraordinario éxito engadindo resultados tanto na categoría máster como na categoría senior ca que tomaba parte este ano ca Selección Galega Absoluta de Campo a Través. Xunto elas Manuel Polo, Miguel Gómez, Pablo Fervenza e Juan Luis Paz, quen non puido tomar parte na final dos valos por lesión, completaron a exitosa expedión galega.

 

RESULTADOS GALEGOS

Esther Pedrosa Carrete. Máster 60. Playas de Castellón
1ª nos 5.000 m. con 19:52.92 (Novo Récord de España)
1ª nos 1.500 con 5:16.96
Juan Manuel Morales del Castillo. Máster 35. Marineda Atlético
1º nos 5.000 marcha con 21:57.31
1º nos 10 km. marcha con 46.22
1º 10.000 marcha por equipos con 2h.23:22
Domingo Álvarez Rodriguez. Máster 65. Burgas Ourense
3º nos 1.500 m. con 5:00.81
Luz María Domiguez Román. Máster 60. Burgas Ourense
5ª nos 400 m. con 1:12.10
Manuel Polo Gundin. Máster 50. Atletismo Narón
5º con 24:52.42 nos 5.000 Marcha
5º nos 10 Km. Marcha con 51.59
Juan Luis Paz Martínez. Máster 50. Marineda Atlético
Clasificado para a final dos 110 valos con 15.32
Lesionado
Soledad Castro Soliño. Máster 55. Comesaña S.C.
7ª Cross con 33.42
4ª nos 10 Km. con 43.19
Miguel Gómez Rodriguez. Máster 30. Real Club Celta
6º nos 200 m. con 23.09
Pablo Fervenza Entenza. Máster 70. Samertolameu
8º nos 5.000 m. con 21:03.81
10º nos 1.500 m. con 5:27.41

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.