Iván Puentes e Marcos Rey deron a benvida aos novos traballadores de xardíns de Pontevedra

As concellerías socialistas lograron unha nova subvención de 336.304,80 euros para a contratación de 20 persoas para a mellora dos espazos verdes da cidade e do barrio de Monte Porreiro

O servizo de xardíns do Concello elaborou un proxecto para a mellora, acondicionamento paisaxístico e conservación de varios espazos verdes do concello de Pontevedra para a contratación de persoal ao abeiro da orde da  Xunta de Galicia  7 de xaneiro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións dirixidas a entidades locais para a contratación temporal de persoas en situación ou risco de exclusión social perceptoras da renda de integración social de Galicia (Risga).

A consecución da subvención é froito do traballo conxunto entre as dúas concellerías, proxecto de  Desenvolvemento Sostible e tramitación e xestión de Servizos Sociais.

Según lles explicou Iván Puentes, ao novo persoal que traballará durante 9 meses nos xardíns do centro da cidade, trátase dunhas actuacións de moita importancia para lograr as mellores condicións de conservación nas zonas verdes que se verán notablemente melloradas coa incorporación deste persoal.

Pola súa banda o concelleiro de Servizos Sociais Marcos Rey, enfatizou a importancia social e laboral do proxecto ao posibilitar unha importante oportunidade laboral e de coñecemento dos traballos relacionados coa xardinería e a conservación das zonas verdes municipais.

O parque do miradoiro o parque rúa Portugal, zonas verdes da ribeira do río Lérez, xardíns da rúa Bélxica e Luxemburgo, xardíns rúa do Peirao e Monte do Taco, xardíns da rúa Padre Feijoo e Santa Clara, zona  verde de Santa María e Zona Monumental os  xardíns de Vincenti e as zonas verdes da rúa dos  Soutos e Pintor  Laxeiro, serán as zonas onde se desenvolverán as actuacións de mellora da paisaxe.

Os traballos contemplan dende a conservación básica, plantacións de árbores, podas, plantacións de arbustivas ou planta de temporada, mellora en regas etc…

Por último dende o as concellerías socialistas quérese transmitir o agradecemento, sintonía e afán de colaboración coa Xunta de Galicia neste tipo de programas de gran relevancia tanto para a mellora das zonas verdes da cidade como no ámbito social e da inserción laboral das persoas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.