Javier Castiñeira: “Reto a Tomé a que convoque un pleno para debater sobre o estado da provincia”

Os populares afean a Tomé que utilizara a convocatoria da rolda de prensa semanal para dar a coñecer os acordos da Xunta de goberno para facer balance dos últimos tres anos por boca da portavoz socialista, Pilar García Porto

O PP presentará unha iniciativa na próxima sesión plenaria para a celebración do debate antes de que finalice a lexislatura

No PP din que a valoración que fixo García Porto “nada ten que ver coa realidade”

Castiñeira confía en que o presidente da Deputación non teña medo a asumir o reto que lle propón e prefira seguir escondéndose detrás da portavoz, Pilar García

Os populares esperan que o presidente da Deputación estea disposto a falar sobre o mal estado das estradas provinciais, das promesas incumpridas en canto a residencias e polígonos industriais e sobre o déficit evidente en materia de cooperación cos concellos

No PP desexan que Tomé tampouco teña medo a falar sobre o seguidismo que demostra do Goberno de Pedro Sánchez, pese a que as súas políticas están danando gravemente á industria da provincia

Castiñeira propón institucionalizar un debate anual sobre o estado da provincia

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.