Leticia Gallego: «Moita publicidade e pouca axilidade na xestión”. ¿Onde van parar os cartos que xestiona a Xunta de Galicia?

A portavoz de Turismo do Grupo Socialista, Leticia Gallego, lamentou a “nefasta xestión” do Plan director Galicia, Destino Seguro 2021 – 2023, posto en marcha pola Xunta de Galicia. Gallego presentou unha pregunta onte en Comisión parlamentaria, na que a Xunta admitiu que o nivel de execución deste plan atópase por debaixo da metade do orzamento.

Denunciou que “poñen millóns para facer publicidade e dicir que invisten moito pero logo non executan nada: moita publicidade e pouca axilidade”, resumiu. Leticia Gallego advertiu que dun orzamento comprometido de 260 millóns de euros, tan só foron quen de executar 108 millóns de euros de axudas ás empresas, deixando sen gastar 152 millóns de euros, máis da metade da partida prevista.

Gallego reclamou “rigorosidade nos datos” porque, dixo, “temos dereito a saber en que se invisten as partidas do goberno galego” e esixiu “explicacións claras e meridianas do destino dos cartos da Xunta de Galicia” que orzamentan pero que finalmente deixan sen investir.

A parlamentaria socialista advertiu que “a información ofrecida pola Xunta no Parlamento é escasa”, polo que demandou “maior información de cada liña estratéxica recollida no Plan Director Destino Seguro 2021 – 2023.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.