Máis de 50 efectivos e 20 vehículos de bombeiros do Consorcio Contraincendios da Coruña loitan contra os incendios de Lugo e Ourense

Formoso considera que as 30.000 héctáreas arrasadas polo lume en Galicia e o número de vivendas afectadas «son unha razón de peso para declarar zona catastrófica»

O presidente da Deputación da Coruña. Valentín González Formoso, e o vicepresidente, Xosé Regueira, visitaron hoxe en Carballo a sede central do Consorcio Contraincendios e Salvamento da Coruña, cuxos bombeiros están colaborando nas tarefas de extinción da vaga de incendios que afectan ás provincias de Lugo e Ourense.

O presidente da Deputación achegouse ao parque provincial de Carballo para avaliar o dispositivo enviado para colaborar na extición  dos lumes de Ourense e Lugo principalmente, que está composto por 50 efectivos e 22 vehículos especializados «para aportar o noso grao de area e a nosa solidariedade».

O  lume, dixo, «non coñece de cores políticas, pero sí de ser solidario e polo tanto puxemos que todo o noso esforzo  para tentar reducir e minimizar o impacto naquelas vilas e lugares por onde paso o lume, que arrasou xa 30.000 hectáreas en Galicia e moitas vivendas, máis dun centenar, con máis de 1.500 persoas evacuadas, polo que entendo que é unha razón de peso para declarar á zona como catastrófica«, apuntou Formoso.

Pola súa banda o vicepresidente Xosé Regeuira destacou que a Deputación da Coruña sempre, non momentos máis duros en Galicia, «busca colaborar e non confrontar, tratando de poñer os medios dos que dispón para axudar onde se necesite».  

«Logo desta axuda xa tocará falar dos sistemas de prevención e doutro modelo de ordenación do territorio, que non converta os montes galegos en gasolina para os incendios. Temos que buscar nos montes abandonados alternativas que fagan deles un medio produtivo e que axude a combater momentos como este», sentenciou Regueira.

Bombeiros dos dez parques comarcais da provincia da Coruña colaboran en quendas no dispositivo de extinción de incendios forestais que afectan a estas provincias cun amplo dispositivo que tenta frear as consecuencia do lume en varios concellos, moi afectados xa polo lume. A Deputación puxo a disposición destas provincias efectivos persoais e medios  de extinción con fin de colaborar nas tarefas de loita contra os lumes que afectan á montaña de ambas provincias.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.