Maite Ferreiro recibe no concello de Lugo a integrantes dun campamento sobre a lingua galega con participantes de distintas zonas do estado

A concelleira de Cultura agasallou ás rapazas e rapaces participantes con libros procedentes do fondo bibliográfico municipal

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, recibiu esta mañá a un grupo de rapazas e rapaces procedentes de todo o estado, que están a participar nun campamento sobre a lingua galega. A edil de Cultura interesouse pola experiencia das e dos participantes no campamento e afirmou que a lingua galega «é unha lingua viva que conta cun pobo detrás que a fala e a escribe cada día».

Ferreiro entregou ás rapazas e rapaces presentes un lote de libros procedente do fondo bilbiográfico municipal, entre os que se atopaban distintos números da revista Xistral. «Trátase de obras que non se atopan con facilidade e que tratan temas como a historia da cidade», explicou a concelleira de Cultura.

O campamento, que no día de hoxe adicou a xornada a descubrir a cidade de Lugo, conta con participantes procedentes de Guinea, Madrid, Euskadi, Mallorca e outras partes do estado.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.