Marín celebrará o Día de Galicia cun acto institucional e a XXIII Romaría Popular de Trompos Ós Pés

A vila de Marín celebrará o Día de Galicia, 25 de xullo, cun acto institucional a partir das 13.00 horas, no que a alcaldesa, María Ramallo, lerá un escrito referente á celebración desta festa, entregaranse 500 mochilas conmemorativas desta data e interpretarase o himno galego

Este acto será no Palco da Música da Alameda, que á súa vez acollerá a XXIII romería popular organizada pola Asociación Cultural Trompos Ós Pés, que contará coa presenza de artesáns de toda Galicia, que abrirán os seus postos a partir das 10.30 horas. Ás 12.00 horas, actuará o grupo folclórico e a escola de Trompos Ós Pés.

A partir das 18.00 horas, haberá xogos tradicionais e ás 20.00 horas tocarán Treboeiros de Muimenta (Treboada). Ás 20.30 horas, celebrarase un sorteo de agasallos doados polos artesáns e expositores.

Ás 21.00 horas, será o momento do canto popular con Asxupen (O Grove), Garatuxa (Vigo) e Ferriñas (Marín). O día clausurarase ás 22.30 horas cunha queimada de balde.

Alfombra floral na Alameda

Ademais, Marín sumarase ao proxecto Alfombra Mundial Xacobeo 2022, que suporá a creación dunha alfombra floral na Alameda por parte do grupo de alfombristas que normalmente se encargan de realizar estas creacións na zona do Templo Novo.

Este é o segundo ano no que Marín se suma a esta iniciativa de alfombra floral con motivos do Camiño de Santiago que se representa en diversos países do mundo. Poderá verse o luns no lateral do Palco da Música.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.