Nuno Costa foi intratable en Moraña e suma unha nova vitoria

Emilio García e Sindo García acadaron un 2º e 4º posto nos 5K de Moraña mentres Yago Iglesias gañou a proba Sub18 e Julia Salvado foi 3ª

Pasada a fin de semana e a festividade do 25 de Xullo, día de Galicia, toca dar boa conta dos resultados obtidos polos atletas da SD Compostela Atletismo, que non teñen acougo nin nos meses de verán.

En Moraña, celebrouse a VIII Carreira Carneiro ó Espeto, con diversas probas: 5K, 10K e carreiras por categorías escolares.

Nuno Costa foi inalcanzable para o resto de corredores da proba dos dez quilómetros, alzándose vencedor cun tempo redondo de 30:00. O atleta da SD Compostela Atletismo prolonga unha semana máis a súa hexemonía coma un dos mellores corredores do momento en Galicia, logo de varias semanas subindo ao máis alto do podio. Pola súa banda, Jordi Carrasco segue sumando quilómetros, desta vez fixando unha boa marca de 33:43, logrando ser 2º da categoría (M9/2MásterB).

Emilio García (2º) e Sindo García (4º) foron os representantes da camisola branquiazul na proba dos cinco quilómetros, con magníficos tempos de 16:31 e 16:55, respectivamente.

Yago Iglesias foi o gañador da proba Sub18M (7:49) e Julia Salvado (10:22) acadou a 3ª posición da categoría Sub18F.

Mentres tanto, Juan Luis Amigo foi o único integrante da SD que estivo o domingo no II Trail de Sargadelos, unha carreira circular de once quilómetros polo municipio de Cervo. O noso Juanito chegou á meta logo de 1 hora, 26 minutos e 45 segundos (M62).

A vindeira fin de semana haberá novos retos para os nosos, que se desprazarán ata Marín e Vilagarcía.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.