O BNG en Outeiro de Rei convoca unha concentración para reclamar pasos de peóns na N-VI

Celebrarase este sábado, 2 de xullo, ás 11:00 na estrada N-VI diante do Soborvila

O Bloque Nacionalista Galego en Outeiro de Rei convoca á veciñanza a unha concentración este sábado, 2 de xullo, ás 11 horas diante do Soborvila para reclamar a instalación de pasos de peóns e melloras na seguridade viaria para o peón na N-VI ao paso polo centro urbano.

O BNG leva loitando, dende vai varios anos, pola instalación de diversos pasos de peóns coa celebración deste acto reivindicativo. Desta vez, as nacionalistas destacan a importancia da colocación de diversos pasos seguros no tramo onde existen catro carrís para a circulación de vehículos.

Elvira Lombao, concelleira do BNG en Outeiro de Rei, declarou “é un caso único en todo o tramo de N-VI entre Coruña e Madrid, pois non existe ningunha vila onde non haxa absolutamente ningún paso para poder cruzala dun lado ao outro”.

A concelleira do BNG destacou a proposta da organización ante este problema “pode colocarse dende un paso de peóns, semáforos, unha rotonda, un paso elevado, hai centos de solucións posibles; en todo caso serán os técnicos do Ministerio quen dirán cal é a mellor solución, pero algo hai que facer”.

Neste senso, Elvira Lombao sinalou que o BNG ten presentado diversas iniciativas “este feito témolo trasladado ao pleno municipal, ao Parlamento galego, mais esta semana Néstor Rego requeriu no Congreso ao Ministerio de Transporte a instalación desta demanda”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.