O BNG reclama á Xunta atención pediátrica nos centros de saúde de Meira e da Pastoriza durante o verán

A organización fixo unha consulta a través do Servizo de Atención ao Usuario e a resposta constata que a Xunta de Galicia non prevé sustituír o especialista

O BNG denuncia que a Xunta de Galicia deixará un ano máis sen atención pediátrica aos concellos de Meira, A Pastoriza, Pol, Ribeira de Piquín, Riotorto e A Pontenova durante o verán.

O Bloque fixo unha consulta a través do Servizo de Atención ao Usuario e a resposta constata que a Xunta de Galicia non prevé sustituír o especialista que presta este servizo nos centros de saúde de Meira e da Pastoriza durante o seu periodo estival. Isto supón como única alternativa desprazarse até Vilalba ou ao HULA.

Desde a organización frontista destacan que esta situación repítese nos últimos veráns e tamén noutras ocasións ao longo do ano, xa que o SERGAS non está a cubrir os descansos nin as baixas do persoal facultativo da atención pediátrica. Feito que tamén sucedeu durante os meses de maior incidencia da pandemia, na que os gromos nos colexios multiplicaron as necesidades de consultas.

Para o BNG, a situación nos centros de saúde de Meira e A Pastoriza demostra que a carencia de persoal na atención primaria, e especialmente en pediatría, é un problema estrutural que a Xunta de Galicia non ten intención de resolver.

Polo que o BNG desenvolverá iniciativas para reclamarlle á Xunta unha cobertura continuada e desde o primeiro día no que se produza a ausencia dun pediatra titular.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.