O PP faise eco das queixas dos veciños de Paradela e reclama a Tomé a reparación da perigosa estrada de Santa María de Vilamaior a Castro de Rei de Lemos

O pavimento da estrada LU-P 5709, que é estreita e ten numerosas curvas perigosas, está en moi mal estado, a sinalización é escasa e está deteriorada e as beiras están invadidas pola maleza

O portavoz popular, Javier Castiñeira, destaca que na estrada LU-P 5709 hai algunha fochanca tan grande que tivo que ser cuberta cunha placa metálica

 Castiñeira di a José Tomé que “aínda está a tempo de dimitir como delegado de Vías e Obras; o seu traballo é nefasto. Debe deixar paso a algún compañeiro; confíe neles e delegue, porque non pode pretender facelo todo, porque despois non fai nada”

O alcalde de Paradela, José Manuel Mato, lembra que a última intervención nesta perigosa estrada levouse a cabo no ano 2077, unhas obras da primeira fase que deixou contratadas o presidente Cacharro Pardo

Mato asegura que “a realidade das estradas da Deputación no Concello de Paradela é unha desfeita total”, polo que reivindica “a dimisión inmediata do delegado de Vías e Obras que vén ser o presidente da Deputación”

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.